domingo, 23 de xaneiro de 2011

GOZAR DA NATUREZA. ROTEIRO POLOS MUÍÑOS DE COUSO

Hoxe tócanos pasear. Temos o sol alumando e quentando o Val Miñor e todo invita a aproveitar as horas centrais do día para gozar da natureza que temos ao noso redor.
Esta tarde temos un roteiro polos Muíños de Couso, en Gondomar. Dende as 16,30 h, na casa veciñal de Couso, a carón da igresa parroquial, estaremos dispostos a encher os nosos sentidos dos arrecendos, sons e paisaxes do río e os arredores. Tentaremos facer unha camiñada pracenteira e pedagóxica, para aprender e valorar todo iso que a natureza nos da que, moitas veces, non valoramos o suficiente ata que o perdemos.
NOVAS NA PRENSA
Ollo ao erro que ven nesta nova do Atlántico, a marcha é pola serra do Galiñeiro e non pola da Groba.
http://www.atlantico.net/noticia/124141/Parquee%C3%B3licoladeranorteGali%C3%B1eiro/

http://www.farodevigo.es/galicia/2011/01/23/tercio-incendios-verano-provocaron-noche-causar-mayor-dano/511509.html
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/cancun-agrava-clima/idEdicion-2011-01-23/idNoticia-632666/
INTERESANTES REFLEXIÓNS DO COMPAÑEIRO ANTONIO SOLIÑO
http://www.valminor.info/opinion/percepcions-dun-introvertido/2935-do-son-e-o-seu-antonimo

Ningún comentario:

Publicar un comentario