venres, 21 de xaneiro de 2011
IMPUNIDADE. COMUNGAR CON RODAS DE MUÍÑO
Seica temos que comungar con rodas de muíño.
Parece que, segundo a fiscal de medio ambiente de Vigo, a destrución do patrimonio consciente e apresurada, non é delito e que pode quedar impune, a pesares das denuncias e os avisos, tanto do SEPRONA como da Delegación de Cultura. Seica ten máis valor en todo o sucedido, o procedemento administrativo que o espiritu das leis e os fins para os que foron creadas. Se non hai un letrado a pé de cada cidadán para construir un argumentario conforme a arañeira legal, pódese facer calqueria cousa que, se tes medios e influencias, a impunidade reinará nos actos destrutivos que cometas. Non importan os avisos, as advertencias, as chamadas de socorro nin o traballo a pról da defensa do noso patrimonio. O que importa e escribir ben, coas comas e os puntos no seu sitio, e perder horas, días ou meses en procedementos legasi que non van a servir para deter as máquinas arrasadoras de todo o que se lle poña por diante, sexa o que sexa, e teña o valor que teña. Dicimos valor e non precio, pois temos moi claro que en cuestión de precios o patrimonio sempre perde, pois sempre hai alguén que ten o diñeiro ou as infuencias suficientes para mercalo.
NOVAS NA PRENSA
http://www.valminor.info/novas/xerais/2927-sos-groba-presentara-unha-nova-queixa-contra-a-desfeita-arqueoloxica-de-oia
MÁIS
http://www.farodevigo.es/galicia/2011/01/21/castilla-leon-dispara-potencia-frena-plan-xunta-recuperar-liderazgo-eolico/510966.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2011/01/21/0003_201101G21P29991.htm
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario