domingo, 16 de xaneiro de 2011

INDIGNACIÓN


Lembrades o apuntamento do 30 de abril de 2010
http://sosgroba.blogspot.com/2010_04_25_archive.html
Tratabamos o tema da desfeita dun xacemento romano e un petróglifo en Burgueira. Poñemos a continuación as declaracións feitas polo alcalde de Oia a un xornal


OIAUna explotación de kiwi arrasa un yacimiento arqueológico en Oia

El alcalde se niega a acatar una orden de paralización porque el proyecto genera empleo en el municipio
Los petroglifos de Boaventura, en Burgueira, fueron reducidos a escombros y desaparecieron por completo
Alejandro Martínez
 
29/4/2010

    «El único que puede paralizar esa obra es el alcalde y no lo he hecho porque Oia tiene que mirar al futuro, no al pasado, y unas piedras no pueden ser un obstáculo para que se pueda producir o no», matizó ayer el regidor local del PP.


    Onte tivemos coñecemento da resolución da Fiscal-Coordinadora de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente, Natividad Gurriarán Fernández
    (Clicar enriba da foto para ver ampliada se non a vedes ben)









    Como podedes ver é indignante. Produce cabreo e asusta ver que aqueles que teñen que ampararnos, ao remate, están permitindo a destrución do noso patrimonio dun xeito alarmante. Como se pode dicir que non hai delito si publicamente un alcalde declara na prensa que non para as obras por que non quere?. Como se pode dicir que non hai delito por parte da empresa, cando se lle comunica  tan pronto como se detectan as obras ao tenente alcalde ,presidente da Comunidade de Montes de Burgueira e vixiante forestal (tódolos cargos na mesma persoa) as afeccións que se estaban a producir e, sobre o mesmo terreo lle ensinamos as agresións e desfeitas sobre o patrimonio?. Como se pode dicir que o concello non estaba informado si publicamente o alcalde manifesta que si sabe o que hai e o que se está a producir no intre mesmo de se producir -por telo informadao os membros do IEM da sección de arqueoloxía ao Seprona e a Delegación de Patrimonio en Pontevedra-  e recibir desta mesma unha comunicación de paralización?. Que hai que facer entón para evitar un delito?, esperar a que se consume para logo argumentar o que se queira e xustificalo?, ou informar directamente e a maior brevidade a tódolos implicados para tentar non se produza o delito e se poñan as medidas correctoras necesarias non imcompatibles, por certo, coa actividade que se pretendía.
    Si nos atopamos ante un suxeto cunha pistola ameazando a outro, e avisamos á policía para que interveña e tente evitar un posible mal maior, non esperamos que nos contesten ao telefono, " cando haxa mortos, chamen, que polo de agora só hai ameazas e non imos facer nada"; esperamos que a policía interveña e deteña ao que ameaza e salve ao ameazado dun disparo ou calqueira outra agresión. Pois polo que lemos no decreto da fiscalía, a pesares dos avisos, das denuncias,  e de informar do feito de estar catalogados e estar sendo destruídos, quen podía deixou que se destruisen e non fixo nada ata que xa non había remedio.
     Asustados estamos ante a impotencia e a barbaridade. Que teríamos que facer a sociedade civil para evitar as desfeitas que as autoridades non son capaces de evitar? Arriscar máis? Denunciar máis? Onde e a quen?
    De que valen todas as leis, de que vale o traballo das persoas que nos preocupamos por defender o noso patrimonio si aqueles que deben velar por el emiten iste tipo de decretos.
    Temos que agradecer aos gardas civiles do Seprona o seu traballo e  a súa preocupación e dilixencia. Fixeron ben o seu traballo. Son outros os que teñen que responder que é o que fixeron eles, e para que sirve a súa presencia en certos organísmos si,  ao remate,  o resultado é o que vemos.



    1 comentario:

    1. A culpa é nosa por permitir que éste alcalde analfabeto nos goberne. Eu nunca votei polo seu partido, pero o resto da poboación de Oia non se entera de nada ou lles dá igual. Por min, as cousas cambiaban.

      ResponderEliminar