venres, 18 de febreiro de 2011

AMPLIACIÓN DA REDE NATURA

NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PP/rechaza/propuesta/ampliar/Red/Natura/elpepuespgal/20110218elpgal_12/Tes
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Baltar/destino/600000/euros/construir/vertedero/autorizacion/ambiental/elpepuespgal/20110218elpgal_4/Tes
 A ampliación da Rede Natura parece que vai moi demorada e con retraso. O anterior goberno xa botou moito tempo dándolle voltas, para ao final. rematar a lexislatura sen aprobala. Agora, con un novo goberno na Xunta e co traballo avanzado do anteiror equipo de técnicos, parece que segue sen ser un asunto importante e vai demorandose ata que non haxa xa que protexer. A un goberno hai que esixirlle responsabilidade e que goberne. Que faga o que ten que facer por mandato dos cidadáns que votamos nas urnas. Deixar que o tempo pase, e que cada día se estrague máis e máis patrimonio natural, é unha vergoña e unha traición a todos aqueles que depositan o seu voto para que, sexan uns ou outros os vencedores, gobernen. Gobernar non é arreglar os asuntos privados dun poucos, nin os negocios de outros. Gobernar e facer que o ben común esté a salvo e que a cidadanía se sinta protexida. Ningunha das dúas cousas sentimos hoxe. A desprotección do noso patrimonio natural (tamén o arqueolóxico) e cada día maior, a pesares da grande cantidade de decretos e leis, que polo que se ve para ben pouco sirven.
Loxicamente, todos istes retrtasos na creación da nova Rede Natura, lévannos a sospeitar de que non interesa protexer. Hai que deixar que os intereses espoeculativos e moi lucrativos poidan campar as súas anchas e, despois, o que fique, tentar protexelo, aínda que só sexa en apariencia, para cubrir as formas.
Se nen sequera se lle fai caso a UE e as súas recomendacións, que credibilidade lle imos dar a un goberno que pasa da destrución do país e vende ao mellor postor todo o que se poida vender. Despois encheran os telexornais e os diarios impresos de anuncios e páxinas verdes falando de que somos os "máis mellores, de que como Galicia nengunha, e mentres algunhas consellerías,  deputacións e algunha dirección xeral miran para outro lado mentres se desfai o que nunca se debeu desfacer: a identidade dun pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario