sábado, 19 de febreiro de 2011

!AÍNDA QUE CHOVA¡ MAÑÁN IREMOS AO GALIÑEIRO















Igual mañán chove. Pode que caia algunha auga entre as 10 e as 13 h, mais non importa. Estaremos ao pé do Galiñeiro para escomenzar a andaina reivindicativa que nos levará ata o cume. Alí, a carón das Gallas, secos ou mollados,  leeremos o Manifesto en defensa da Serra do Galiñeiro e compartiremos con todas e todos os que nos acompañen as sensacións e emocións que esa brava natureza nos regala.
!Hai que mollarse¡ hai que comprometerse e loitar, denunciar e reivindicar aquelo no que creemos. Non podemos ficar parados, nin enfadados, agardando a que veñan outros a solucionar os problemas, a programar o futuro que desexamos para nós e para vós. Para todos. Si desexamos un mundo mellor, temos que construílo estudando, analizando e valorando o que temos, o que somos, o que fumos e o que queremos ser no futuro. Temos que respectar a quen respecta, criticar a quen especula e destrue, só para tirar redito a curto prazo, sen pensar no futuro e en que a natureza é o produto de millóns de anos  de  evolución,  e que non se pode deixar que se estrague para arranaar un problema puntual, sen pensar en que no futuro tamén van a necesitar aire, verde, ceo, paisaxe e historia. Cada animal que desaparece, cada planta que morre, cara outeiro que se dinamita, cada paisaxe que se destrue, son anacos dun universo que non ten volta, que non se repite e que necesita respecto e armonía para que o gocemos sen deterioralo. Non podemos pórlle precio a todo e tasalo en euros. Hai cousas que non se poden mercar nin vender, aínda que se vendan e se merquen por parte de algúns. Hai que coidar a natureza e vivir en armonía co que nos rodea. Hai que buscar xeitos de explotar os recursos sustentables, non podemos pensar que podemos actuar sobre o medio sen sufrir as consecuencias, nós ou os que veñan despois.
por todo o dito, mañán aínda que chova, estaremos ao pé da Serra do Galiñeiro, ás 10.30 h para facer a Andaina acompañados dun refacho de esperanza que non imos deixar que se perda, e lembraremos que GOBERNE QUEN GOBERNE , GALIZA NON SE VENDE.


Ningún comentario:

Publicar un comentario