martes, 8 de febreiro de 2011

HAI RECURSO

NOVAS NA PRENSA
GALICIA  HOXE
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/posible-freo-eolica/idEdicion-2011-02-08/idNoticia-637789/

ENERXÍA

Posible freo á eólica

Gamesa inicia a batalla para tombar a resolución do concurso, tras presentar o 27 de xaneiro un recurso de alzada ante a Xunta ··Seguirá a vía xudicial se se desestima ou non se atende

1
·           
 

SANTI RIVEIRO. SANTIAGO

A resolución do concurso eólico non contentou a algúns dos actores máis importantes do sector en España, como Gamesa. A compañía presentara solicitudes por 460,5 megawatts a través de Gamesa Enerxía de Galicia, Vento Ártabro e Eólica da Cadeira sen levar nin un.Os que apostaron que actuarían contra a decisión da Xunta acertaron: a multinacional presentou o 27 de xaneiro recurso de alzada contra a relación de anteproxectos adxudicatarios anunciada pola Consellería de Industria o 20 de decembro.
O departamento do Executivo autonómico terá tres meses para decidir sobre esta petición administrativa de Gamesa, que denuncia supostas irregularidades de forma e fondo no proceso e esixe que se faga borrón e conta nova, corrixindo esas lagoas e repetindo o concurso que outorgou os 2.325 Mw. Tería que retrotraerse ós proxectos seleccionados e valoralos seguindo de corrida os criterios da orde, sen o que entende son reinterpretacións dela.

O proceso xudicial pode enlearse de 3 a 4 anos
De non ser así, a eólica galega corre o perigo de volver estancarse. Fontes coñecedoras sinalan que Gamesa agardará os tres meses preceptivos a que a Xunta decida sobre o seu recurso e, de desestimalo ou se se manteñen en silencio administrativo, acudirán á vía do contencioso administrativo. Os trinta e seis adxudicatarios, de iniciarse este vía crucis xudicial que pode durar de tres a catro anos, terían enriba unha espada de Damocles: se pon en marcha os seus parques e plans asociados neste período e se produce unha resolución favorable á promotora eólica, se evaporarían as licenzas de parques e xa que logo o investimento.
A Xunta podería enfrontarse a un alude de reclamacións multimillonarias das empresas que recibiron potencia e vexan danados os seus intereses. O recurso de alzada de Gamesa xustifícase en seis puntos, o primeiro pola "extemporaneidade da resolución".

Desestimar todas as solicitudes
Deste xeito, no recurso de alzada presentado ante a Xunta, expertos da firma eólica sinalan que tanto a norma que regulaba o aproveitamento eólico en Galicia (Lei 8/2009) como a orde do 29 de marzo de 2010 na que se basea o concurso marcaba "que transcorrido un prazo de catro meses contados desde a finalización da presentación de solicitudes sen recaer resolución, poderanse entender desestimadas todas" elas: sinalan que a presentación de solicitudes finalizou o 19 de xullo e ata o 20 de decembro, "cun mes de atraso", non houbo resolución firme.
Non teñen en conta a presentación á prensa que realizou o 19 de novembro o titular de Economía e Industria, Javier Guerra, e o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces. Xa que logo, "automaticamente todas as solicitudes deberían entenderse desestimadas e deberíase incoar un novo procedemento de selección".
Outro punto negro denunciado foi a falta de aclaración a 37 cuestións expostas sobre a orde eólica pola Asociación Eólica de Galicia (EGA) á Consellería en abril. Entre esas cuestións había unha sobre os requisitos que debía contar unha proposta para poder separar o límite de potencia xenérico de 350 MW para aqueles proxectos de especial transcendencia "para o de-senvolvemento socioeconómico de Galicia".
Non se explicou, aínda que recordan que Ángel Bernardo Tahoces, en comisión parlamentaria o 22 de outubro, respondeulle ó Bloque Nacionalista Galego alegando que este precepto pretendía primar o promotor que propuxese o traslado de ENCE, un "espírito" dentro da orde que que ou só coñecía "al- gunha empresa" ou que necesitaba esta para fundamentar o seu proxecto asociado, o que suporía "unha clara discriminación na presentación de plans industriais duns promotores que non coñecían tal espírito", o que "vicia todo o proceso de valoración e invalida a posterior resolución".
Tamén se criterio de valoración dos plans industriais polos cocientes de investimentos en activos fixos tanxibles en euros/MW e empregos/MW solicitados, criterio que non se empregou en varias das solicitudes presentadas que cambia "arbitrariamente a norma citada no artigo 7.1 parágrafo 4 da Orde". Ademais, sinalan a "arbitrariedade da comisión de valoración no cálculo do cociente nos promotores que solicitaron unha potencia superior a 350 MW".
Tras sinalar presuntas irregularidades na porcentaxe aplicable a Fenosa Wind, censúrase así mesmo que non se tivese en conta o cálculo do coeficiente K1, que multiplicaba por tres o valor dos proxectos industriais asociados ó sector eólico, algo que a mesa de valoración se saltou, igualando todos os coeficientes a un.
Que se valoren investimentos en redes eléctricas reguladas ou o proxecto de Ronsel Eólico, que precisaría para o seu Sogama 2 gañar concursos para poder recoller o lixo. Isto eliminaríaa dos proxectos abordables: rexeitábanse os que precisasen autorización ou concesión administrativa suxeita a pública concorrencia. Ademais, detalla que hai parques de Ronsel e de Endesa na mesma localización que parques que estas promotoras pediron en Madrid, de máis de 50 megawatts, e que ó estar en trámite e por solapamento serían inviables.

A firma reclama a nulidade da poxa e comezar de cero
Do mesmo xeito, dende Gamesa cargan contra as interpretacións establecidas fóra da orde, pois "favorece a ofertas temerarias que si poderían facerlle fronte á execución de plans industriais pero non á monetarización", prexudicando a grupos que, como a propia Gamesa, podían afrontar todos os supostos. Por iso, piden a "nulidade da resolución" do 20 de decembro do pasado ano 2010. Fontes do sector eólico cren que Gamesa non serán os únicos, tras ampliarse este mes en quince días hábiles o prazo para facelo.

OS DATOS

Sete propostas de monetarización
Existen sete propostas de monetarizacion de proxectos industriais asociados ás adxudicacións do concurso eólico que repartiu un total de 2.325 Mw. En conxunto, alcanzan os 48 millóns de euros.
Once millóns para os concellos
O Executivo de Galicia fíxolles chegar ós concellos galegos un total de once millóns de euros do total recadadado polo canon eólico en 2010 a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario