martes, 8 de febreiro de 2011

PRESENZA NOS MEDIOS

A semana pasada,o xoves 3 na TVG,  saíu a denuncia da Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro nunha reportaxe que se fixo dende Gondomar, e na que se recollen  unha parte das declaracións feitas por membros de dita plataforma. Dende o local da Aula de Cultura Ponte de Rosas do IEM en Gondomar, fixéronse dúas entradas en directo para o Telexornal da noite e as Novas do Serán.
Podénse ver as dúas nos enlaces da páxina do IEM
 http://www.minhor.org/component/content/article/39-novas/230-tvg-no-iem
Tamén este sábado dende o progama da Radio Municipal de Cornellá, Sempre en Galicia, en directo, participamos nun faladoiro con Xulio Simón e Xulio Conxil. Podedes escoitar toda a entrevista no enlace do día 5 de febreiro de 2011.
http://semprengalicia.blogspot.com/

1 comentario:

  1. Hola: Non hai moitos días que me enterei da andaina polo Galiñeiro para manifestar o desacordo co parque eólico previsto.
    O caso é que non vexo moita información, fóra dalgúns blogs ou webs; mesmo as entidades que aparecen como membros da Plataforma non teñen a convocatoria nas súas webs ou polo menos en lugar destacada da páxina de inicio.
    Na web de montañeiros Celtas, aparece como unha actividade por orde cronolóxica, hay uns días estaba nunha posición menos visible.
    Quen organiza a difusión? o club montañeiros celtas? a Plataforma?
    está previsto algunha campaña de difusión? presentación aos medios de comunicación en roda de prensa? comunicado?, cartel? presencia en medios?
    Preténdese unha actividade de moita asistencia ou máis ben restrinxida por razóns ambientais?

    O día 3 enviei información a todos os meus contactos, e esta semana enviarei un recordatorio.
    Tedes algún documento, imaxes, etc. que se poida enviar para chamar a atención ou enviar como dossier?
    Saúdos.

    ResponderEliminar