domingo, 6 de marzo de 2011

A ENERXÍA DAS ONDAS e outras ALTERNATIVAS

NOVAS NA PRENSA
Temos hoxe na prensa algunhas novas interesantes, para reflexionar sobre o uso das enerxías e o futuro. Non hai solucións máxicas en tanto non sexamos capaces de decatarnos que a primeira medida, e a máis importante, é a de rebaixar o consumo, a de non despilfarrar inutilmente, e despois, claro, tentar producir enerxías limpas. Xa está  nos medios a idea de ampliar as centrais atómicas, de ampliar a vida das actuais e a de construir novas centrais. Todo iso para manter o sistema de despilfarro e de crecemento irracional dos últimos 50 anos. Non. Non é esa a solución e pensamos que unha mestura de medidas innovadoras e de valentía no enfrontamento do problema , pode ser un bo inicio para a solución. Menos consumo, máis racional e aforro.
Alguén se parou a pensar canto se gasta polas noites en iluminar rúas e estradas valeiras, escaparates que ninguén mira, fiestras abertas por mor das altas temperaturas das calefaccións, e o frío dalgúns edificios públicos no verán  por causa da falla de regulamento do aire acondicionado,etc?. Por aí é por onde hai que escomenzar e por construir menos estradas e autopistas, e convertir as que hai en lugares nos que funcionen correctamente os transportes públicos. Menos coches, máis trens e autobuses e compartir transporte.

http://www.farodevigo.es/galicia/2011/03/06/potencia-olas-galicia-suficiente-cubrir-consumo-electricidad/524394.html


http://www.farodevigo.es/economia/2011/03/06/falta-alternativas-petroleo-sea-volver-tiempo-energia-nuclear/524335.html

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/consumo-enerxetico/idEdicion-2011-03-06/idNoticia-646427/

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2011/03/06/0003_201103G6P32997.htm





Ningún comentario:

Publicar un comentario