sábado, 5 de marzo de 2011

A MINERÍA E OS ENTULLOS

NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/04/tres-empresas-solicitan-permiso-explotar-yacimientos-oro-trives-parada-do-sil-rio/523827.html

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/pizarreras/acumulan/ano/millones/toneladas/residuos/elpepuespgal/20110305elpgal_1/Tes
Estas dúas novas da prensa meten medo. Moito medo.
Se nos paramos un pouco apensar no contido das mesmas, decatarémonos de que corremos un serio perigo. As políticas mercantilistas, a busca só dos rendementos económicos a curto prazo e a grande mentira da creación de postos de traballo para xustificar calqueira barbaridade, veñen a pór sobor das nosas cabezas unha espada de Damocles que nos augura un futuro moi negro para o medio ambiente.
A pesares dos coñecementos adquiridos nos últimos anos, dos estudos publicados por universidades de todo o mundo, polas denuncias feitas polas organizacoións ecoloxístas e polos desatres ecolóxicos padecidos, os nosos políticos son capaces de aparecer nos medios de comunicación facendo o tipode declaracións como as que encabezan estas pequenas reflexións.
Podemos seguir adiante cun sistema que fai prevalecer o desenrolismos e a desfeita do medio natural?. Podemos seguir depositando os nosos votos nunha urna para que os nosos representantes, sexan do partido que sexan , sigan destruíndo o país xustificando as súas accións na creación de emprego e os datos económicos? Podemos seguir eternamente sangrando a terra esperando que non pase nada e que os que veñen despois, por tras, apanden co que lles toque?! Como se pode decir tan cheos, que se incumplen as normativas e que é economicamente imposible rexenerar o que se destrúe, e seguir adiante coas explotacións de lousa, niste caso, ou calquera outro mineral ou material¡
Hai que parar esto. Hai que pórlle freo a tanta desfeita e tanta mentira. Hai que consturir un novo modelo de sociedade; na que vivímos xa non se pode seguir máis tempo. Adiando as solucións, deixando que pase o tempo o único que facemos é empeorar as cousas é, está claro que os políticos non son os que van a buscar solucións. A cidadanía temos unha obriga coas xeración futuras e non podemos deixar pasar máis tempo.A proposta de Indignación que ven de Francia nun pequeno discurso publicado ultimamente, non é sufuciente si ficamos só nas palabras e nas tertulias de amigos. Hai que pasar á acción e revelarse dun xeito pacífico e intelixente, facendo que o capitalísmo morra. Con pequenos xestos, sumados aos de todos, podemos conseguilo. É necesario, Imprecindible. Xa.
Cada un de nós ten que reflexionar e pór o grán de area que necesitamos para construir o futuro.
O día 8 de maio, en Santiago, haberá unha manifestación na que GALICIA NON SE VENDE convoca a toda a cidadanía a reflexionar, manifestarse e pór o primeiro grán de area para construir un país distinto, no que a defensa do territorio e as políticas sustentables sexan o cerne dunha nova sociedade que ten que nacer xa.
Seguiremos comentando e opinando. Polo de agora toca reflexión e acción. Non podemos ficar parados ante tantos aldraxes e agresións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario