Hai que regular si. pero con moito tino e sen cometer erros graves que produzan males maiores. Os cabalos do monte cumpren unha función moi importante que hai que preservar. Regular a súa presenza nos montes é necesaria, bastaría cunha lei que obrigue a tódolos propietarios a estar rexistrados nun libro no que consten as marcas ou ferros tradicionais, o nome dos propietarios, o seguro obrigatorio e a sociedade a que pertencen. Onde non haxa sociedades de propietarios hai que crealas e facer que estas cumpran as leis, igual que as cumpren outra sociedades. Os que non queiran asociarse, entón non poden ter cabalos no monte e a Xunta terá que encargarse(ela, e non as Comunidades de Montes ou os Concellos) de facer cumprir a lei e requisar e subastar/ ou reubicar os cabalos que se apreixen. O monte galego necesita os cabalos. Regular é unha obriga, facelo ben é outra. Coa colaboración de todos pódese facer e que todos tiren proveito delo.
NOVA NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/lei-montes-debe-regular-gando-mostrenco/idEdicion-2011-04-22/idNoticia-661703/
Ningún comentario:
Publicar un comentario