luns, 25 de abril de 2011

!HAI POLÉMICA¡ SEN CURROS

Despois da reunión de este venres santo ben a polémica. Non houbo acordo e, polo que se ve, aínda o que é pior, hai división.
Non se pode ir por separado nun tema tan importante que está xogando co futuro dos nosos cabalos do monte, co patrimonio etnográfico dos curros e un animal que é necesario (máis que nunca) nos nosos montes.
Estaremos atentos e apoiaremos as asociacións que estén disposta s a loitar pola permanencia da tradición e do animal no monte, tal e como o estivo ata hoxe. As filigranas e desmarques interesados, non son recomendables e non van axudar a resolver un problema que é de todos. Propomos máis información , debate e reunións (as que faga falla) para acadar consensos e chegar a un entendemento que solucione o problema e nos permita seguir cara adiante, cada un cos seus proxectos e iniciativas, pero salvagardando o principal, o cabalo e a sú pervivencia en liberdade nos nosos montes.
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/04/25/norma-chip-caballos-dispara-suspension-curros-provincia/538561.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/04/25/sabucedo-asume-normativa-adelanta-bajada-manadas/538660.html
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/25/0003_201104G25P8991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/25/0003_201104G25P8992.htm
EÓLICOS
http://www.xornal.com/artigo/2011/04/24/economia/bng-pide-feijoo-revise-plan-eolico-pola-sua-ilegalidade/2011042423262600157.html

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/24/economia/psdeg-asegura-industria-tramitar-parques-invaden-zonas-rede-natura/2011042423262502856.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario