xoves, 24 de novembro de 2011

NON, ASÍ NON.


CARTA AO DIRECTOR NO FARO DE VIGO DO 24.11.11 XOVES
http://www.farodevigo.es/cartas/2011/11/24/o-problema-non-e-o-microchip/600321.html
Tristeza . Ao leer esta carta asinada por Xosé Alfredo Pereira no Faro de Vigo de hoxe sentimos un desacougo grande e moita tristeza. Unha das persoas que máis teñen loitado pola defensa dos nosos montes, dos montes comunais, parece que non entende nada do que se está a mover arredor das novas leis que a Xunta do PP está a facer para rematar co que , precisamente, el e nós defendemos. Un monte comunal ordenado e produtivo. Dirixido, ordenado  e en mans dos seus lexítimos propietarios: os comuneiros.
Non entendeu nada do que estamos a facer e dicir alí onde podemos. Non entende que nós só defendemos unha ordenación dos usos do monte que teña en conta os usos tadicionais,e que se adapte aos novos tempos, e que sexa rexida polos seus propietarios, os comuneiros. Un ordenamento que remate cos enfrontamentos seculares que tanto dano estan a facer a imaxe pública de comuneiros e de outros colectivos que, como o noso, o que queremos e a pervivencia das nosas tradicións, da nosa cultura e das singularidades que posuímos tanto no rexime da propiedade do monte como noutros, como é o caso dos cabalos salvaxes e os curros e rapas.
Nós non defendemos outra cousa que non respecte os lexitimos intereses dos comuneiros pero, ollo, hai mái intereses nos nosos montes que están aí dende hai milleiros de anos e que , creemos, son compatibles nun ordenamento moderno cos dos propietarios dos montes. O que temos que acadar en tre todos e o xeito de conxugalos e de arredar dunha vez por todas, usos e costume viciados e negativos que nuinguén quere, e que só levan a guerras que nos debilitan e afortalecen aquen está pola privatización e o troco do xeito de xestionar os monte. Aí nós imos estar sempre en contra,  e a prol dos comuneiros. Mais, tamén queremos que os comuneiros sexan concientes que hai que ordenar axeitadamente outros usos e bens que están aí, dende antes de que houbera comuneiros, e que non van contra deles se se regulan e organizan ben.
Xosé Alfredo defende aos comuneiros e aos montes ao seu xeito, e para eso ofende e ataca a quen  cree que non pensa coma el. Esta trabucado. SOS GROBA sempre estivo apoiando e axudando o que pudo, aos comuneiros e aos propietariso dos cabalos, tentando mediar para buscar solucións consensuadas para que ninguén se sentise ferido nin rebaixado. Hai todo un camiño por andar en común que, agora máis que nunca, temos que facer xuntos. Son moitas as ameazas que veñen para os nosos montes os os usos e tradicións que temos no noso país. Non podemos dividirnos e enfrontarnos facéndolles o xogo aos que están a espreita para rematar con todo o que se leva avanzado nestes últimos anos.
Non, así non, Xosé Alfredo. Así non defendes as comunidades de montes e os seus lexítimos intereses. Co insulto e a descalificación , sen argumentos e sen diálogo, coidamos que non estas a facer nada que mellore o que está mal e que dende a Xunta de Galicia, como moi ben sabedes, están a artellar para afastarvos do que, por dereito e tradición,  tedes dende que vos devolveron a propiedade que a ditadura vos arrebatou.
Nós non descalificamos. Traballamos e dialogamos para mellorar o que temos sen perder nin un ápice dos dereitos que tanto suor e sangue lle costou aos nos devanceiros.
Así non Xosé Alfredo.

Asdo. SOS GROBA

Ningún comentario:

Publicar un comentario