sábado, 26 de novembro de 2011

NON DEDES AO ESQUECEMENTO


Xa fai un ano que nos deixou Don Paco del Riego. O seu corpo "apagouse pouco a pouco", a pesares de que a súa cabeza aínda mantiña viva a luz que o alumeou perante 97 anos.
Non o esquenceremos. Os corpos desaparecen, mais as ideas e os exemplos de todo unha vida entregada por unha causa, Galiza, eses non van a esmorecer mentres haxa xente que teña folgos para lembrar os seu sabios consellos e a exemplaridade do seu traballo.
Don Paco, hoxe alboreou o sol por riba dos cumes das Gallas do Galiñeiro  e o mar está tranquilo nos areais de Lourido. A Groba  onte no solpor tinguíuse de belas cores que presaxiaban está mañán fermosa. Lembraremos a súa figura e o seu nome, mentres ollamos a terra que nos matén, e daremos grazas á vida por telo coñecido e aprender do seu maxisterio impagable.
Dende as abas de san Pedro, onde repousan as súas cinzas, encheremos o fol do noso peito para seguir avante tentando transmitir o mellor da súa herdanza ás xeracións futuras. Loitaremos nobremente pola dignidade do noso país, a súa cultura e a súa lingua, como vostede fixo e nos deixou dito.
Non daremos ao esquecemento nin o seu nome nin a súa obra e, na súa memoria os versos de Pondal do noso himno, cantaremos para acompañar a esperanza nunha patria que nos negan, mais non imos a esmorecer ni fraquear. Aí, onde se atope o seu espíritu, seguro que aniña a forza e o alento para guindalo,  dalgún xeito, aos que aínda pisamos a terra do fogar de Breogán. Estaremos atentos . Sabemos que nunca nos fallou nen nos a fallar.
Na súa memoria esta  Alborada de Veiga, en dúas versións:


Esta foto foi feita cando fomos a felicitar a don Paco polo seu 96 cumpreanos

Outra versión máis popular
http://www.youtube.com/watch?v=tX_8r2TvNsI&feature=related

Ningún comentario:

Publicar un comentario