martes, 6 de decembro de 2011

CAMIÑO DA EXTINCIÓN

Seguense a dar novas coma a que lemos hoxe no Faro de Vigo. Mentres non se regule axeitadamente, seguirán os accidentes e os incidentes. Con microcrip ou sen el, os cabalos seguirán baixando a buscar comida alí onde a hai, cando teñan fame. Hai que identificalos, si, mais tamén hai que regular o xeito de vida dos animais en certas zonas dos nosos montes e cercar ou valar zonas concretas para evitar os incidentes desagradables.
Que desaparezan do monte os cabalos,  evitará os danos nas fincas, pero tamén vai a producir un desaxuste na ecoloxía da zona que tamén traerá consecuencias. Non podemos estar a pedir sempre a administración que veña a resolvernos os nosos problemas. Temos que coidar o monte e todo  que nel hai, e regular axeitadamente e con sentido global e natural os seus ritmos .
Un monte sen cabalos será un monte máis pobre e con máis problemas. Tempo ao tempo.
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/12/06/vecinos-amoedo-sacrificaran-caballos-salvajes-evitar-danen-cultivos/603723.html
http://www.farodevigo.es/galicia/2011/12/06/xunta-elige-concello-o-irixo-construir-incineradora-basuras-sur-galicia/603777.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario