sábado, 12 de maio de 2012

LOITANDO ATE O FINAL

NOVAS NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/05/12/valga-celebra-manana-primer-curro-caballos-protesta-microchip/647986.html
Igual a saúde non nos permite estar presentes fisicamente, mais si o estaremos co pensamento e toda a forza que poidamos enviar de apoio aos propietarios de cabalos do monte da Groba e o Galiñeiro que , como sempre o fixeron , mañán achegaránse ata A Valga para continuar cunha tradición que herdaron dos seus antepasados e que eles están a transmitir ás xeracións máis novas.
Sen acurrar as bestas, xuntaránse e falaran dos problemas e das accións a levar a cabo; lerán un manifesto e non se arredarán ante una administración da Xunta que, como noutras ocasións do pasado, non sabe ou non quere axudar a buscar solucións para un problema que a ten doada se escoitaran a quen máis sabe de cabalos do monte: os seus propietarios históricos.
Nin un paso atrás. Non haberá curros, mais no monte seguirá a haber cabalos, maís ceibes que nunca. Só lamentar que non se lle poidan dar os coidados que sempre se lles deron, desparasitándoos, vacinandoss, seleccionandoos e marcandoos, xunto co seus seguro de responsabilidade, que viña cubrindo os problemas que se poideran dar. Mais, non é por non querer os propietarios, é a Xunta a que querendo meter man o único que fai e desfacer o que funcionaba, e funcionaba ben.
O noso apoio para os propietarios e o noso chamamento para defender un patrimonio natural e cultural que é de tódolos galegos e galegas e que temos a obriga de protexer e de tentar que chegue ás xeracións futuras, alomenos , como nos chegou a nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario