venres, 20 de xullo de 2012

PRESIÓN DO PP SOBRE OS PROPIETARIOS DOS CABALOS SALVAXES



NOVAS NA PRENSA
Hoxe sae na prensa a nova que adiantamos no anterior apunte. Presionan aos propietariso de cabalos salvaxes (que non gandeiros,  como dí a nova do Faro) para que fagan os curros de verán, coa pretendida axuda da subvención do microchip (este ano). Non falan nada do resto do Decreto Equino- que é imposible de desenrolar sen que  desaparezan como salvaxes  os cabalos que hoxe hai nos nosos montes-  e que, despois do verán, obrigarían a cumprir co que levaría a desaparición dos cabalos da Groba en rexime de liberdade e convertiría a tódolos cabalos salvaxes en animais dunha explotación gandeira acoutada, no mellor dos casos, ou na súa desapareción total no pior.
Presionan e minten,  e o que é pior, fallan á verdade ignorando ata do que falan (seguro que algún alcalde non leu nin o decreto) ou coidan que somos tontos e non entendemos os que di o decreto e ao que obriga.
Non nos pararán,  nin tragaremos con mentiras e falsas promesas que non arranxan nada. Antes das elecións anteriores o propio Feijoo en Torroña dixo que botaria unha man para solucionar este problema. Xa se ve a onde nos bota a man e o que vale a súa palabra, case tanto como a do seu mentor  Rajoy e a do todo o seu goberno. Prometen unha cousa e despois fan outra. Sempre teñen unha frase para se xustificar.
Xa está ben. Desta non lles vai saír ben e non nos van a convencer con patrañas e ameazas.
Seguiremos loitando por unha solución acaída e real e a busca do consenso necesario para impedir que desaparezan os cabalos salvaxes dos nosos montes.


http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/07/20/ganaderos-groba-niegan-retomar-curros-cambio-ayudas-microchip/666912.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario