domingo, 15 de xullo de 2012

AS MANIPULACIÓNS DO PP E O CACIQUISMO


Esta mañán,  domingo día 15 de xullo,  en Torroña, Oia,  celebrouse unha reunión dos propietarios dos cabalos do monte cos alcaldes do PP da zona e unha deputada, co obxectivo de presionar aos propietarios de cabalos para que puxeran o microchip aos seus cabalos e celebrasen os curros da mosca .
A intelixencia dos alcaldes e o seu xeito de tratar aos cidadáns, con métodos de presión  e creendo que somos parvos, ténlle dado resultado en moitas ocasións, por eso seguen cos mesmos métodos de sempre. Ameazas veladas, presións, promesas.. As xentes dos curros desta vez non se arredaron nin tragaron coas mentiras e promesas e, despois dunha tensa disputa verbal, deixaron co cu ao aire aos alcaldes do PP,  caciquillos do século XX, que seguen a tratar aos cidadáns como súbditos  ignorantes e facilmente presionables.
Non se entra a analizar o porque das protestas, nin as consecuencias do novo Decreto Equino, que fai inviable a existencia dos curros tal como se viñan celebrando ata agora, convirte aos propietarios de cabalos en gandeiros e elimina paulatinamente aos cabalos salvaxes do monte. O microchip é un problema entre outros moitos que crea o novo Decreto Equino, pero non o único obstáculo nin, cecais,  o máis importante.
Ante unhas eleccións que veñen aí, e a grande conflitividade provocada, aos alcaldes do PP non se lle ocurre outra cousa que presionar á xente e vir, como de costume, con ameazas veladas e postas en escea propias de quen non cree moito na verdadeira democracia. Escoitar á xente, analizar os problemas e buscar solucións consensuadas, esas si serían formas e xeitos de intervir. Ver os problemas e as consecuencias da aplicación do Decreto Equino ( imposible de cumplir si se quere manter a tradición e os cabalos salvaxes  no monte) sería un bo xeito de achegar posturas e de buscar solucións. Con actitudes caciquiles e métodos de presión baseados na forza do poder municipal, non van a acadar nada.
Hoxe case saen acantazados de Torroña. A xente está cansa de mentiras e de presións. Que vaian aprendendo,  e que non fagan do poder dos cargos e as mentiras,  a súa ferramenta de traballo para impór o que lles convén. Nas próximas eleccións a xente vai saber a quen votar, e vai saber quen lle mentiu e quen non,  e quen lle axudou a resolver problemas e quen se aproveitou dos cargos para seguir empoleirados no poder e tirar partido persoal dos mesmos.
Xa non hai escusas. Xa tiraron a careta. Non non van a convencer, nin imos a deixar que estraguen máis o noso patrimonio.

!Non máis mentiras¡ !Non máis caciques¡ ! Non ao Decreto Equino¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario