xoves, 7 de febreiro de 2013

A EXTINCIÓN DOS CABALOS SALVAXES GALEGOS

NOVAS NA PRENSA




Once comunidades de montes de Pazos y Fornelos se unen contra el pastoreo libre

Exigen medidas de control a los Ayuntamientos para evitar más accidentes de tráfico causados por el ganado - Los comuneros están dispuestos a capturar a los animales para subastarlos


http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/02/07/once-comunidades-montes-pazos-fornelos-unen-pastoreo-libre/753370.html


Un novo paso para a extinción definitiva dos cabalos salvaxes galegos. De seguir así, o resultado está claro. En pouco tempo non haberá cabalos salvaxes nos nosos montes, e mentres as autoridades seguirán polo camiño máis fácil deixando que se produza a cronica dunha morte anunciada, sen facer nada para evitalo, e xustificando a medida no perigo de accidentes e na existencia de "cuatreros" e ilegais que xustifiquen a súa política de extinción programada.
Confundir os perigos e incidentes existentes coa necesidade de adoptar medidas precautorias, levará a este tipo de acordos sen reparar nas causas finais e, o que é pior de todo, botarlle sempre a culpa ao máis débil e ao outro. Mágoa de país que se deixa asoballar e roubar,  e fica calado ante as aldraxes e non repara en analizar as súas propias condutas e responsabilidades. Tirar polo atallo - o camiño do meio, que dicíamos no anterior apuntamento-  non vai solucionar nada, somentes a desaparición dunha especie animal que leva nos nosos montes moitos anos,  máis que os propios humanos, as comunidades de montes e os políticos de tódalas administracións.
É tempo de entroido e hai que tapar as nosas fallas coa máscara do esperpento que nos libera de responsabilidade. E mentres, comemos cachucha, bebemos viño e celebramos a don Carnal, este ano en vez de enterra a sardiña o mércores de cinza, enterraremos o cabalo salvaxe galego.
R.I.P. o cabalo e o pobo galego que non sabe defender o seu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario