xoves, 11 de abril de 2013

EÓLICAS E BÁGOAS DE CROCODILO


NOVAS NA PRENSA
Seica anda mal o negocio das eólicas cando se suprimen as primas e as axudas. O interese xeral xa se ve onde fica cando cos cartos de todos, os orzamentos,  son utilizados para subvencionar e axudar a montar empresas que xeran grandes beneficios para uns poucos que logo, a pesares do que se di, non reverten no interese público xeral , alomenos na proporcionalidade que sería desexable.
Agora,  ante a dúbida,  apartanse por unha banda e queren seguir no choio por outra. É dicir , si hai tallada queren facer  valer os seus dereitos a poder explotar as concesións do reparto do concurso eólico, e como polo de agora pintan malos tempos e non están aseguradas as axudas, queren deixar de pagar o que lles correpondería pola concesión e a obligación de ir traballando no desenrolo dos proxectos concedidos, e agardar, sen pagar un euro, a que o negocio sexa máis rendible, sen perder as concesións e ampliando prazos legais.
Como sempre, o poderoso capital depredador só sabe de gañar a costa do que sexa, e o interese público só se utiliza como escusa para disfrazar os intereses especulativos e pasar por enriba do ben común, do patrimonio de todos e dos intereses privados da xente do común que se atope no meio, xa sexan suxeitos individuais ou colectivos,  como comunidades de montes, de veciños,  pobos ou parroquias.
Basta xa de máis aldraxes¡ Que se vaian a chorar a outro país, que eiqui  empresas desa calaña non as necesitamos. Eiqui queremos empresas e empresarios que revirtan os seus beneficios no país, que produzan valor engadido e reactiven sectores moi necesarios para un novo xeito de facer negocios, no que o medio ambiente e o repecto á terra sexan vitais.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/04/11/eolicas-rechazan-seguir-concurso-xunta-incertidumbre-fiscal/0003_201304G11P30991.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario