venres, 12 de abril de 2013

PERIGO INMINENTE

Brais Currás, investigador do CSIC nunha conferencia que deu no IEM o 28.12.12


 Temos na serra da Groba un grande patrimonio arqueolóxico que non só se compón de mámoas, petróglifos, achados paleolíticos e castros. Hai unha gran densidade de minas de diversos minerais e de distintas épocas. Neste caso O burato dos Mouros, trátase dunha das maiores minas de ouro romanas do noso país. Está catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio e forma parte do catálogo de bens inventariados da Xunta de Galicia, o que non quere dicir que non esté en perigo, como outros bens que estando catalogados foron destruídos (diso sabemos bastante os que coñecemos a Groba e a defendemos).
Foron varias as campañas de investigación que se fixeron nos últimos anos a respecto de buscar minerais que pasado o tempo volveron a ser considerados interesantes ou susceptibles de explotar. Non só estamos a falar do ouro, se non da andalucita e outros minerais e terras raras, tan abondosos na serras da Groba e o  Galiñeiro, que coa suba dos prezos e a súa utilización nos aparellos de última tecnoloxía colleron outro valor que os fai susceptibles de, despois de 2000 ou 3000 anos, volver a explotalos. O dos dous ou tres mil anos non é nengunha chanza. Temos vestixios arqueolóxicos que nos indican que houbo nas nosas serras, probablemente,  unha explotación mineira alongada perante séculos,  e que foi mudando tecnoloxicamente no tempo, asi como na explotación de diverso minerais que, como agora, foron mudando o seu valor comercial e estratéxico. A grande cantidade e dispersión,  polas serras da Groba eo Galiñeiro e todo o sur da provincia de Pontevedra e, alén Miño, nas serras irmáns portuguesas de muíños naviculares, indícanos que a explotación dos metais que aí se atopan ten un rango temporal moi espaciado e antigo.
Agora todos estes bens arqueolóxicos e patrimoniais  están en perigo polos intereses especulativos. Queremos aclarar que a pretendida xustificación destas explotacións polas empresas, normalmente extranxeiras, co engado dos postos de traballo e a criación de riqueza nas zonas de explotación, non é tal e hai que valorar moi polo miúdo os proxectos e as súas consecuencias. Non é a nosa unha simple negativa e o non polo non. Hai motivos e argumentos de peso que iremos debullando pouco a pouco noutros apuntamentos.
Dende SOS Groba e os compañeiros do IEM temos preparadas para este verán varias xeiras didácticas, para amosar esa riqueza e explicar a escolares e adultos o noso patrimonio mineiro milenario.O pasado 28 de decembro de 2012 fixemos unha visita ao Burato dos Mouros cun dos mellores especialístas e coñecedores da minaría romana do noso país, Brais Currás Refojos, investigador do CSIC . No enlace temos unha referencia as súas investigacións neste artigo

http://www.academia.edu/1962775/Mineria_romana_y_poblamiento_en_la_cuenca_del_Baixo_Mino
Nova na prensa referenciando o seu traballo
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/03/15/brais-curras-explotan-minas-son-rentables/632741.html

NOVAS NA PRENSA

Tomiño ameazada por unha nova explotación aurífera

http://galiciaconfidencial.com/nova/13950.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

La fiebre de oro está en Pinzás

Una empresa canadiense solicita la búsqueda del metal en una zona protegida de la localización ubicada en Tomiño


http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/04/12/fiebre-oro-pinzas/790069.html


Vetas auríferas no Burato do Mouros en Pinzás
Visita de membros de SOS Groba e o IEM  ao Burato dos Mouros con Brais Currás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario