martes, 31 de marzo de 2015

UNHA RÁ MORTA

Onte luns día 30 de marzo, atopamos en Peitieiros, Gondomar, esta rá. Non sabemos se está afectada polo ranavirus ou ten outra enfermidade ou accidente que lle poidera producir este aspecto. O exemplar estaba morto nunha canle que ven dunha presa perto do Curro Vello.
Esperemos que non se trate do temido ranavirus que está a producir a morte dos nosos anfibios. Comunicaremosllo a Cesar Aires para que nos poida informar máis en detalle.

1 comentario:

  1. Ra non é, aínda que se lle parece bastante. È un sapiño pinto (Discoglossus galganoi). Que lle pasou no lombo? Semella ter unha espiña incrustada... A ver se Cèsar nos pode sacar d dúbidas. Esperemos q non sexa o temido Ranavirus.

    ResponderEliminar