luns, 29 de xuño de 2015

AS PEQUENAS CRIATURAS DA GROBA E DAS NOSAS PRAIAS



Agora que comeza o verán e a natureza está no seu maximo explendor, aproveitamos para tentar fotografar eses pequenos seres que forman paarte da diversidade da Groba e a súa  contorna. Insectos anfibios peixes, pequenos mamíferos, aves .. que moitas veces non é doado ver , e moito menos fotografar sen equipos especiais e moitas horas de paciencia e observación.
Todos estes seres son como os elos dunha cadea que sostén o equilibrio da vida na nosa terra. As veces por ignorancia, outras por costumes que veñen de lonxe, herdadas de xeitos de vivir xa recuados, e que hoxe non teñen encaixe nos novos xeitos de vida nen no propio sistema natural, tan deturpado e modificado polo uso e abuso que del se fixo, nomeadamente nos ultimos cincuenta anos as veces, decíamos, matámolos ou apartámolos con noxo, sen saber verdadeiramente cal e o seu rol na natureza e o por qué da súa presenza o noso redor  no monte ou a praia, onde teñen o seu nicho biolóxico que nós invadimos, modificamos e destruímos.
Agora que adoitamos  gozar da natureza, de facer paseos e xeiras polo monte e  a praia, de ir de merenda ou campismo, lembremos que os que están fóra de lugar somos nós, nos os bichos e animais que podemos atopar. Por iso, recomendamos prudencia e respecto, e non meternos a xogar cos animais sexan ou non perigosos e, sobor de todo lembrar que a natureza, sexa no  monte ou na praia,  non é o salón da nosa casa.
Para rematar este apuntamento de verán, lembrar unhas novas recollidas na prensa nas que os turístas e algún politico se queixan de que na praia hai algas,  pulgas e suciedade, e outra na que a universidade  de Vigo vai a reproducir pulgas na praia para recuperalas,  pois nos últimos anos desapareceron. Por que será?

https://eunigran.files.wordpress.com/2014/02/2010-06-30.pdf ( leer a páxina 19)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2015/05/21/20000-pulgas-mar-baiona/0003_201505V21C10991.htm




Ningún comentario:

Publicar un comentario