luns, 17 de xullo de 2017

MALAS NOVAS PARA OS GARRANOS. O SUPREMO FALLA EN CONTRA DO RECURSO PRESENTADO

MALAS NOVAS PARA OS GARRANOS

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/07/15/supremo-avala-caballos-salvajes-sean-identificados-chips/0003_201707G15P25994.htm
.

Nesta nova que apareceu no xornal do sábado 15 de xullo, e da que nós non tíñamos noticias oficiais (chegan antes as novas aos xornais, como se pode leer na propia nota,  que aos implicados) aparece unha triste nova que ven a pór de manifesto , unha vez máis as contradicións existentes entre as leis e a realidade.
Como se pode ler na nota que publica La Voz de Galicia, os implicados que foron entrevistados falan da feira segun lles vai, cousa por outra parte natural. O que tamén di, é a triste realidade,  que o microchip non soluciona os problemas,  e que non sempre se lle pode pór o microchip a un animal salvaxe dificil de capturar,  e que, aínda que sexa salvaxe e non se de capturado, ten un propietario responsable que pode ser, ou non, a asociación da zona na que se move o animal.
É evidente que hai que regular dun xeito específico este patrimonio natural e cultural que son os garranos, burras ou bestas do monte, e que como poidemos ver nestes últimos  curros e rapas, son un atractivo turístico de primeira orde pero que teñen problemas serios para manterse e celebrarse, se siguen as cousas así. Malia a publicidade e o apoio institucional á Rapa das bestas, se non hai xente perante todo o ano que vixile e coide a estes animais, chegará o día da Rapa e haberá xente  para saltar riba das bestas e saír nas fotos, pero non haberá bestas bravas  no curro por que os días antes non houbo xente para facer o cordon e xuntar as greas e baixalas ata o curro.
Xa o vimos dicindo dende hai moito tempo, que hai que sentarse a falar,  e analizar cales son os problemas e cales poden ser as solucións para que este patrimonio non se perda. Se non o facemos poden  morrer de éxito as rapas e os curros e desaparecer os animais salvaxes. Eso si, sempre nos queda a opción do "circo": meter un cento de garranos nun cercado dunhas cantas hectáreas e cando chegue o día sacalos para a función.
Agora tócanos a diplomacia, o diálogo e o consenso. Agardamos que así sexa.

1 comentario:

  1. Vintage jewelry piercing - Tinian Art
    Find antique jewelry piercing pieces from 2021 ford escape titanium hybrid China for titanium nitride coating jewelry or for jewellery. A vintage and vintage type 2017 ford focus titanium jewelry collection. Tinted in a silver fallout 76 black titanium lining, this is titanium lighter than aluminum jewelry

    ResponderEliminar