sábado, 5 de agosto de 2017

MAÑÁN HAI CURRO DA MOSCA EN TORROÑA

Mañán 6 de agosto hai curro en Torroña.
Como tódolos veráns na último domingo de xulio na Valga,  o primeiro de agosto en Torroña, e o segundo en Mougás, temos os curros da mosca na Serra da Groba. Aínda que xa non hai tantos poldros como na primaveira, si teremos a oportunidade de ver, neste caso, o curro que máis burras mete e que amosa un espectáculo digno de ver.
Non temos moi boas novas coa última sentencia  sobre a resolución do Tribunal Supremo sobre o contencioso do microchip, mais si temos esperanza de que sexamos quen de xuntarnos todos, administración, besteiros, asociacións e científicos para pornos de acordo e tentar facer unha proposta de lexislación que teña en conta a singuaridade das nosas burras, bestas ou garranos e as festas dos curros e as rapas, xunto cos intereses dos propietarios dos montes e particulares que se poden ver afectados por este patrimonio vivo, senlleiro, que temos na nosa terra.
Iremos mañán ata Torroña a gozar dunha festa ancestral,  e duns animais que necesitan de  tódalas mans e tódalas mentes, que empurren para que poidan seguir aí moitos anos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario