Pasamos do NUNCA MÁIS a OUTRA MÁIS!
Este país noso ten unha capacidade de
resilencia que esta no límite. Non sei si a xente é consciente do que nos ven
enriba nas próximas datas. A contaminación das nosas praias con "unhas
boliñas de plástico" é para a Xunta de Galicia un suceso menor que hai que
tapar, como pasou no seu intre co PRESTIGE, escondendo o problema e minorizando
os efectos ocultando información e, o que é aínda pior, producindo información
non veraz e/ou enganando. Son mestres especializados niso e cádralles que están
en campaña electoral e non vaia ser que se lles escape algún voto polo camiño.
O medio ambiente e a contaminación van ligados
e para a Xunta de Galicia o que importa non é precisamente que melloren as condicións
doas nosas praiae e mares, dos montes e serras, ríos e humedais. Levan anos sen
ampliar a Rede Natura e sen protexer os espazos de interese natural. Teñen
outros intereses maiores, de aí que toda a lexislación que se leva feito neste
últimos anos sexa fume e néboa que non deixa ver a realidade, e si esta
lexislación nalgún caso protexe aquelo que hai que protexer e resulta unha pexa
para facer calquera intervención industrial, sexa do tipo que sexa, facemos
outra lei e abrimoslle a porta aos depredadores do medio ambiente nun
pretendido interese superior, nos postos de traballo, da economía verde e
transición enerxética.
Agora, despois
de mareas negras e outras contaminacións, temos outra vaga contaminante de efectos
dificiles de valorar a curto prazo pola súa propia orixe e composición. Está é
transparente e minúscula, pódese agochar entre as areas da praia como pequena
boliñas que parecen graos de sílice, máis ou menos perceptibles cando se
dispersan e non aparecen masivamente en sacos ou grupos grandes.
Onte na Praia da Madorra poidemos ver como, en
toda a súa extensión, habia boliñas de
" ainda non sabemos ben de que" entre as algas, areas e cunchas.
Había que agacharse e mirar con deteñimento para velas, pero estaban alí, igual
que un grupo de voluntarias/os que con moita paciencia e sen medios, ían
recollendo esas boliñas. Tivemos un NUNCA MÁIS solidario que tinguíu de bágoas
negras moitas rúas e prazas de Galcia en manifestación e nas prais unha marea
branca traballando recollendo piche. A XUNTA e o PP falaban de "hilillos
de plastilina", mentres os mariñeiros e a cidadanía enchian dornas,
barcos, capachos e todo tipo de recipientes dun magma de piche que enzoufou o
noso mar e toda a costa. Agora temos OUTRA MÁIS invisible, máis mimetizada coa
area e máis fácil de agochar para opinión pública ( agás cando aparece en sacos
ou masivamente concentrada en pozas entre as rochas ou na intermareal).
OUTRA MÁIS e a Xunta de campaña electoral
utilizando os medios, enganando OUTRA MÁIS
aos galegos e ao mundo e botandolle a culpa ó goberno central ou
cargando a responsabilidade nos concellos. Eles, coma sempre, pasaban por alí e
non eran responsables de nada.
Galegos, OUTRA MÁIS e seguimos aquí aguantando que nos rouben o
futuro?
Xa abonda!
HAI QUE PARALOS! HAI QUE BOTALOS! (Ollo,
Botalos con B non con V)
En Galiza, NINGUNHA MÁIS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario