luns, 12 de febreiro de 2024

OU ESTAMOS TOLOS OU NON ENTENDEMOS NADA DO QUE NOS DEPARA O FUTURO SI SEGUIMOS ACTUANDO DE COSTAS Á NATUREZA

 

OU ESTAMOS TOLOS OU NON ENTENDEMOS NADA DO QUE NOS DEPARA O FUTURO SI SEGUIMOS ACTUANDO DE COSTAS Á NATUREZA

Forestación no Alto da Groba








 

Estase producindo no Alto da Groba a alteración do sistema de breceiras e humedais pola maquinaria que está inicinado os traballos de forestación do,Alto, a menos de 200 m das pozas Negra, Gabiñeira e San Martiño.( que sería por lei o espazo mínimo a protexer) Nun espazo de reproducción do sapo de esporóns e outros anfibios vulnerables: No lugar onde campea a manda máis extensa de garranos da Groba e que se vera desprazada non se sabe para onde.

Un lugar onde o vento e o clima van facer desa plantación un mal negocio, e onde os piñeiros van ocupar os espazos coas mellores vistas da Groba e coa maior extensión de breceiras, agás as da Valga,  pero as máis altas.

Preguntas:

. Que sentido ten plantar piñeiros no lugar máis venteado da Groba onde os refachos van tumbar as árbores. (a historia tenno demostrado, e os mási vellos do lugar así o ratifican)

. Que sentido ten repobar a zona do monte que ten máis e mellores valores ambientais, paisaxísticos  e ecolóxicos?

.Que beneficio saca a CMMVMMC de Belesar destruíndo o mellor e máis valioso patrimonio natural que ten?

. Que necesidade ten a CMMVMMC de Belesar de forestar unha zona que nunca foi forestada por antieconómica e por ser o lugar de campeo da maior grea de garranos da Groba, vacas e ovellas?

. Onde van a ir os garranos que teñen esa zona como habitát?

. Que vai pasar co sapo de esporóns pelobates cultripes que está en perigo de extinción e que ten esa zona da Groba como luagar de reproducción.

. Que opina a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia?

. Que opina o Instituto de Estudos do Territorio?

. En que se basa a Consellería de Medio Rural para permitir esta actuación nese espazo concreto con eses valores ambientais e paisaxísticos?

     Ou estamos todos tolos ou non se entende nada.

As CCMMVVMC son entidades propias do noso país, e un valor a defender e protexer ante os moitos ataques que están sufrindo por parte de intereses empresariais e a propia Xunta de Galicia co DOG e as leis que tentan coutar a súa autonomía. Nós somos os primeiros en defender a súa autonomía e o dereito dos comuneiros a xestionar e aproveitar os seus montes. Agora ben, tamén somos os primeiros en aconsellar, asesorar e informar para unha mellor xestión deses bens que hai no monte. Tamén hai uns valores ambientais e patrimoniais que hai que protexer e tentar compatibilizar co lexítimo aproveitamento multifuncional do monte. Evitar a confrontación e buscar o xeito de compartir usos e explotacións son vitais para un bo desenrolo multifuncional e o aproveitamento ecosistémico por parte de todos, comuneiros , veciños , turistas e público en xeral. É unha obriga que temos todos a de deixar un mundo mellor ás xeracións futuras, e conservar e preservar os espazos naturais tan degrados por moitos anos de presión e contaminacións de todo tipo. Técnicos de xestión forestal e medioambiental teñen que traballar xuntos para evitar males e poder desenrolar programas de xestión e producción sen entrar en colisión de intereses. É vital o entendemento, xunto con outros factores que nos veñen impostos pola propia evolución do clima e o medio ambiente que nos están avisando que haí que trocar o xeito de relacionarnos co medio. A realidade climática está a imporse por riba das pretensións humanas de desenrolo. Ou é sostible ou non vai ser. Por eso a necesidade de evitar actuacións como esta a que nos estamos a referir. É posible a explotación do monte coa plantación de piñeiros ou outras especies, máis é necesaria a preservación de certos espazos que teñen valores moito máis importantes que os que poidan dar as árbores. Xa sabemos que eses valores custa máis velos se non se coñecen,  pero eso non quita o grande valor que teñen e que o mundo científico certifica .

     Por favor, sentidiño, convivencia e diálogo.

 É necesario polo futuro da Groba e os seus valores ambientais e patrimoniais e, por suposto,  das comunidades de montes e os seus lexítimos donos e usufructuarios.

Protexamos o que hai que protexer e poñamos en producción o monte sen alterar os espazos naturais que así o esixen.

 

Val de Miñor, 12 de febreiro de 2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario