martes, 8 de xullo de 2008
CPRG
No DOG do venres 4 de xullo de 2008 sae publicada a Orde do 27 de xuño de 2008 de axudas para o fomento e mellora do Cabalo de Pura Raza Galega.
http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/e6973315e9f833c9c125717600543020/266f41fba0e303efc125747b0057b685/$FILE/12900D008P064.PDF
Lendo os primeiros parágrafos, concordamos cos principios que enumera:
"O cabalo de pura raza galega segue a ter un destacado
papel no sector gandeiro galego, tanto polo
censo desta cabana, como por ser esta capaz de
aproveitar directamente recursos naturais fóra do
alcance doutras producións gandeiras. Precisamente
esta capacidade levou á xeneralización en Galicia
dun sistema de crianza peculiar consistente na
explotación en extensivo e completa liberdade. Este
sistema de cría desenvólvese maioritariamente sobre
a base territorial dos montes, que representan practicamente
un terzo da superficie forestal galega."
Continúa:
"O fomento deste tipo de produción gandeira é estratéxica
para o medio rural galego tanto pola xeración de
riqueza que representa o aproveitamento in situ de
recursos naturais polas greas, como pola súa incidencia
no control da acumulación de biomasa piroxénica
nos montes e, polo tanto, contribución á diminución da
probabilidade e gravidade dos incendios forestais."
Agora ben, a Consellería está falseando a realidade ou descoñecendoa. Sendo certo o que dí, se lemos toda a orde chegamos a conclusión que as greas de cabalos que andan polos nosos montes poucos ou case nengún dos propietarios poden acollerse as axudas. Tamén comprobamos que , efectivamente, hai que potenciar a cría de cabalos de Pura Raza Galega, pero no monte, ceibes, e non na súa maioría como ocorre agora, en cautividade ou amansados, formando parte de ligas e concursos que, sen desmerecer e sen quitarlles o seu valor, non son os que máis perigo corren ou máis problemas teñen. Que se entenda. Si a potenciación do CPRG, xa sexa en criadeiros xa ceibe. Mais, que toxo comen e que función contra incendios fan os cabalos de corte, amansados e criados en picadeiros?
E, pola contra, que axudas temos para os propietarios que fan os curros e manteñen os Cabalos Ceibes Galegos nos nosos montes, comendo o toxo, estercando os montes e abrindo carrreiros entre o mato? Ulas as axudas?
Quen lles está botando unha man aos románticos e valentes mantedores dos Cabalos ceibes Galegos?.
Moita propaganda nos medios de comunicación, e moita festa de interese turístico, mais cada día, se non lle botamos unha man de verdade, serán menos os Cabalos de Pura Raza Galega nos nosos montes e máis os que vexamos mansiños nos concursos e ligas.
Defendemos e apoiamos aos criadores de cabalos, sexa en cautividade ou ceibos. Parecenos ben as ligas e concursos. Pero, ante todo DEFENDAMOS O CABALO CEIBE.
Ise é o noso, o de todos, o de sempre.
¡E que ben campa pacendo ceibo no monte.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario