luns, 7 de xullo de 2008

A RAPA DE SABUCEDO

Este pasado domingo foi a Rapa das Bestas de Sabucedo, no concello da Estrada. Declarada de interese turístico acolle a milleiros de persoas que se achegan para ver o espectáculo da loita dos homes cos cabalos. En Sabucedo prima o espectáculo e o curro foi evoluindo cara unha festa feita para ser vista por as persoas de fóra que veñen atraídas pola sona espallada polos medios de comunicación. As diferenzas cos nosos curros son moitas, aínda que no fondo o cabalo sexa o protagonísta. O interese dos propietarios das bestas e o mesmo: manter viva unha tradición de séculos e que perduren os animais ceibos no monte, xa sexan dos do santo ou os particulares. En Sabucedo aproveitan para recadar diñeiro para facer as festas, e cobran entrada para ver aos aloitadores tentando dominar ás bestas. No Val Miñor e en Oia esa loita está, poderíamos dicír, máis depurada e está prohibido sacar ás burras a man. É coa vara de encabestrar e coa corda coa que hai que dominara ás bestas e ila sacando do curro para rapalas e sanealas. Todo isto non quita que ás veces haxa que sacar a man a algún animal e, ao igual que os aloitadores de Sabucedo, manter un enfrontamento corpo a corpo cos animais bravos. É pois, a habilidade e destreza unha condición dos nosos curros que queremos salientar e, asemade, o convite a tódos, sen limitacións de entradas e peaxes. Só o respecto para os animais e para as xentes que perante todo o ano traballan para manter viva a tradición, pagando moi caro do sei propio peto os custos cada vez maiores de seguir fieis á herdanza dos nosos vellos e antepasados. Haberá que xuntar a tódolos valentes perpetuadores da tradición para pór en común o que nos une, e buscar solucións conxuntas para os problemas que ameazan este rito tan noso e, polo que se ve, tan seguido ano a ano por milleiros de persoas de tódalas partes. Longa vida ao Cabalo Ceibe Galego e a quen del se preocupa. NOVAS NA PRENSA SOBRE O TEMA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008070700_8_240060__SOCIEDAD-Y-CULTURA-Sabucedo-tradicion-continua http://mas.farodevigo.es/galeria/galeria.php?galeria=216&orden=0 http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/07/07/0003_6966790.htm http://www.elpais.com/articulo/Galicia/RAPA/BRAVA/SABUCEDO/elpepuespgal/20080707elpgal_1/Tes

Ningún comentario:

Publicar un comentario