Eduardo Pondal
NA PRENSA HOXE
MUDANZAS OBRIGADAS
O negocio enerxetico produce moitos beneficios. As rendas producidas compensan os investimentos. Está garantido o beneficio. Xógase con avantaxe.
Esta pequenas frases tan evidentes e sabidas, non deixan de ser motivo de preocupación e analise para nós, os que estamos sendo criticados por opornos a construcción dun parque eólico na Serra da Groba e, tamén, co futuro do plano eólico da Xunta de Galiza.
O tintimán do caso está nas operacións que xera todo o proceso e as consecuencias para o común da xente. Para o pobo.
Polo que se escoita e lee tódolos días, podemos concluir nidiamente que non temos que estar agradecidos a ninguén, nin sentir que o noso país vai a ser máis autosuficiente enerxeticamente e, consecuentemente, beneficiarse directamente do proceso causa efecto da xeración enerxética.
Vemos que non estamos preparados para distribuir esa posible maré de enerxía que nos vai a saír a todos polas orellas e os ollos, nin para repartir os excedentes en xeración de emprego no propio lugar onde se xera .
Pola contra, cada día está máis claro que, ao igual que no pasado co señor conde de Fenosa, imos ter que preparar máis títulos nobiliarios para repartir, pois a lista de candidatos é ampla e os meritos - segundo se verá cando se desenrole o decreto eólico- van a ser múltiple e variados.
Dende aquí, propómos que algúen preparado e afeito a escrita por encargo, vaia preparando unha modificación do noso himno para contestar a pregunta centenaria do primeiro verso," Que dín os rumorosos," e o título de Queixumes dos pinos , por algo así como Zoar dos aeroxeradores e... Imaxinade vos mesmos o que ven despois, cunha Galiza inzada de torres xigantes zoando en tódolos nosos cumes.
¡ Hai que facerlle outra letra ao himno!
Non nos queda outra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario