NOVAS NA PRENSA DE HOXE
OUTRA
Todos queren máis. Por que será que todos queren entrar, os que están fora, e seguir ampliando o seu volume de negocio, os que xa están dentro?.
A pesares das declaracións interesadas, das críticas e de movementos en falso, algúns están dispostos, segundo se desprende da nova que vemos no xornal, a investir grandes cantidades de diñeiro en negocios alleos ao sector eólico para, deste xeito, obter permisos para entrar na nova febre do ouro do século XXI, a das enerxías.
Se se suman os posibles parques eólicos a construir, sae un número que non somos quen de encaixar nun territorio que, por outra banda, necesita ampliar a Rede Natura e a protección da natureza. Asemade, tamén hai que deixar algo de terra "virxe" para que podan ver os nosos fillos, aínda que só sexa en fotos ou películas, lobos, lontras, osos, pitas do monte, algalias, cabalos do monte, cervos, corzos, abutres, bufos reais, miñatos e lagarteiros. Por que, xa antes do desexado, van a desaparecer a lebre, a perdiz roxa, o coello do país, anduriñas, xílgaros, bubelas, donicelas, sapoconchos, píntigas rabilongas, lagartos arnais e troitas. Lumes, urbanización e/ou industrialización do monte fan, e fixeron nos últimos anos, o que de seguir así con todo ise proxecto no noso monte, van facer tódolos parques eólicos proxectados. Facheandaremos de ter moitas leis protectoras e moitos decretos, mais a realidade é a que é aínda que se tente agochar baixo a arañeira mortal da burocracia lexislativa proteccionista. Se non, botade unha ollada para atrás e mirade que foi dos estudos de impacto ambiental das obras dos derradeiros dez anos e as resultas dos mesmos no territorio.
Que verde era o meu val, película da nosa nenez que, ao relembrar, nos trae ao caletre aquela frase castelan de entre todos la matarón y ella sola se murió.
Galiza, doce mágoa das españas,
deitada rente ao mar...
ise camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario