A nova que podemos ver hoxe no xornal El País non ter desperdicio e, que casualidade, concorda co que vimos denunciando dende SOS A Serra da Groba no tocante a ampliación da Rede Natura e as declaracións que leva feito o señor conselleiro de Medio Ambente.
Pode saír nos periódicos e en tódolos medios de comunicación dicindo o que queira, está demostrado que a súa propaganda non deixa de ser medias verdades por non decir mentiras. A súa actuación, no que respecta a Serra da Groba e a ampliación da Rede Natura, é unha tomadura de pelo e un insulto a intelixencia das persoas que vivímos preocupados polo que nos rodea.
Como temos apuntado noutras ocasións, nunca tanto se lexislou e nunca tanto se estragou a natureza e o patrimonio natural e cultural do noso país. Cada político que pasa pola Xunta, sexa da coor política que sexa, tenta deixar a súa pegada promovendo leis e vendendo cara a opinión pública un labor que, na práctica, pasado o tempo e feita unha analise rigurosa, só deixa desfeita e moito papel impreso.
Cantos se preocupan de verdade de que se cumpran as leis? De onde veñen tantas desfeitas e tantas perdas irreparables, si leis hai de abondo e funcionarios e policías tamén?
No teñen credibilidade, e cada vez teñen menos.
O pobo non pode pór en mans de políticos como os que temos o futuro do país e dos nos fillos e netos. A clase política necesita un repaso que lles faga voltar a realidade, na que se xulgue de verdade a cada quen polo que fai, e non polo que dín que fai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario