Seguimos con novas relacionadas coa rexeneración dos canles naturais dos ríos e os problemas que poden causar nas epocas de enchentas.
Despois do vivído no outono do 2006, coas enchentas dos ríos e a desfeita das súas marxes, as obras que se fixeron, dubidamos que sexan a solución para un problema que, lonxe de porlle medidas para remedialo, seguese a cometer os mesmos erros. Estamos a falar das construccións que desvian os cauces e levantan muros.
Cando, por desgraza, volvan as enchentas, e estas coincidan con mareas vivas, os danos van a ser maiores que os que se padeceron no outono do 2006. Por que? Pois por que a natureza non se lle poden pór cancelas e cando se construe en donde non se debe, antes ou despois, esta volve a levar o que é dela, e nin formigon nin muros van a mitigar a desfeita. Pola contra, será maior, porque o que se está a facer e xuntar a auga nunha canle máis outa e o que fará é que colla máis forza a auga e o seu poder debastador se multiplique.
Por outra banda, en Nigrán, en Porto do Molle, estase a facer todo o contrario do que dín que hai que facer, e consecuentemente, cando isa gran superficie de chan esté impermeabilizada, as correntías levaran por diante todo o que hai máis abaixo. O río Muíños e parte da praia, cando isto ocurra, van a desaparecer como tales, e todo o que este ao seu redor.
Non aprendemos, ou non queremos aprender. A especulación e as solucións cortoplacistas vánnos levar ao desastre non desexado pero si previsto.
O tempo quita e da razóns. Moito nos gustaría estar equivocados e non acertar, mais vendo as obras e o que se está a facer, non podemos ficar calados sen denunciar o que pensamos hai que denunciar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario