mércores, 26 de novembro de 2008

VIVIR AQUÍ

Hoxe temos dúas novas de interese. A primeira e a presenza de SOS Groba no programa de hoxe a noite, ás 23,15, da Televisión Galega Vivir Aquí. Unha pequena reportaxe gravada hai meses que hoxe chega a pantalla da TVG, na que se denuncia o proxecto de construcción do Parque Eólico Albariño I, e se fala do interese e valor da Serra da Groba nos eidos da cultura, a natureza, a paisaxe e o patrimonio etnográfico. Por outra banda, salientar a entrevista que lle fixeron ao noso compañeiro Xosé Lois Vilar para a páxina http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13539 do Consello da Cultura Galega, sobre a súa obra recentemente publicada Talasonimia da costa sur de Galicia. Todo suma na defensa do noso patrimonio e a súa posta en valor e consideración, para preservar e coñecer mellor as riquezas que temos e que non valoramos, en xeral, suficientemente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario