sábado, 22 de novembro de 2008

SEGUIMOS AÍ

Estamos a traballar máis que nunca en proxectos para salvar a Serra da Groba e todo o que nela hai. Isto estanos a restar tempo para poder levar ao día iste blog , no que pretendíamos pór as novas relacionadas coa serra e o medio ambente e outros temas que nos tocan no Val Miñor. Esperamos saibades comprender os nosos erros e a falla de actualización diaria que pretendiamos. Mais, non paramos ni imos a parar. Seguimos aí, loitando e pelexando por un país e unha terra máis limpa e valorada. Máis terra e menos formigón. Máis cultura e respecto polo que nos rodea. Máis educación e formación para valorar o que temos e que debemos protexer e potenciar para que as xeracións futuras poidan gozar do que é de todos e ten que seguir sendo. Vivo e coidado, non morto e cheo de lixo. Estase a celebrar en Santiago e Silleda o 1º Congreso Internacional de Valorización do Monte. Aí estivemos escoitando e vendo o que se fai por todo o mundo e o resto da península iberica. Tiranse moitas conclusións e informacións de moito valor para avanzar nun desenrolo sostible no Val Miñor. Só fai falla vontade e traballo, moito traballo. E, tamén, gañas de aprender e mellorar, sen egoismos nin ideas minifundistas, pondo todos algo de nós e unha visión de futuro, moi necesaria para deixar a terra mellor do que a temos hoxe. Xa tocará falr disto noutra ocasión. Botadelle unha ollada a ista nova na prensa de hoxe, Ten algo moi importante que sería necesario analizaramos no Val Miñor. O futuro pode dar e quitar moitas razóns. Hoxe é importante reflexionar e ver o que estamos a construir e deixar de herdanza aos nosos fillos e veciños. As solucións cortoplacistas nunca solucionaron nada, e menos falando de medioa ambente e natureza.http://www.laregion.es/noticia/74721/Loña/río/Ourense/recuperación/

Ningún comentario:

Publicar un comentario