venres, 9 de xaneiro de 2009
!MÁIS MADEIRA¡
Segue o xornal de La Voz de Galicia a carga contra a resolución do concurso eólico. Moito interese ten, polo que se ve niste tema por que outros non os toca ou pasa de puntiñas sobre iles. O xeito e o tratamento que lle está a dar a iste tema parecenos un pouco cínico.
Por outra parte non lle falta razón nalgunha das informacións que aporta. É verdade que o máis sensato sería facer primeiro o Plan Sectorial, sinalando claramente onde se pode pór e onde non calquera tipo de industria ou explotación que pode ser agresiva ou lesiva, ao respecto dos intereses ecolóxicos e patrimoniais de tódolos galegos/as. É verdade que a aposta realmente interesante sería a de repotenciar e/ou a sustitución dos vellos parques e máquinas por outras máis novas e eficientes. O que a ninguén se lle escapa e que isa tarefa sería moi dificil de levar a cabo, pero non imposible, dada a colisión e conflicto de intereses.
O que tamén é verdade, e que o País realmente gañaría si a explotación de tódolos megawatios en xogo se fixera dende unha empresa pública galega, que estivese participada por outras empresas privadas interesadas no negocio, e que nunca tivesen máis do 45 por cento da propiedade ou dereito sobre os parques eólicos.
A Rede Natura actual e a futura ampliación non solucionan nada, por que xa se encargan os políticos de turno de facer de tal xeito que favoreza os interese duns ou de outros, segundo conveña. Se non, por que o señor conselleiro do ramo non a sacou antes? O avance coñecido, que protexe realmente e que deixa fóra?. Unha pequena mostra témola examinando a implantación do Plan Acuícola e vendo as reviravoltas que da e fai para cadrar o que lle interesa cadrar, deixando para un lado o verdadeiro interese ecolóxico.
Visto o visto, trapalleiros e trapalladas están por todas partes, e a prensa e os políticos só dín o que lles convén, agochando a verdade ou disfrazandoa para que parezan os máis guapes e mellores defensores dos nosos intereses.
O 1 de marzo votaremos e, despois, eiqui non pasou nada.
¡Magoa de país e do tempo perdido!
O futuro non comeza mañán, señores políticos. O futuro comeza hoxe.
AS NOVAS NA VOZ DE GALICIA
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/09/0003_7449223.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/09/0003_7449224.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/09/0003_7449225.htm
http://www.lavozdegalicia.es/default/2008/12/30/00171230637239021439752/Fichero/G9P3_1(RO).pdf
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario