domingo, 9 de maio de 2010
BOTANDO BALÓNS FÓRA
NOVA NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/09/0003_8471863.htm
Agora vai a parecer que os malos son os que denuncian as falcatruadas e non os que vulneran as leis e fan o que lles peta sen encomendarse a nada e a ninguén. Imos a pór as cousas no seu sitio señor empresario.
En primeiro lugar, si vostede ten que despedir aos seus obreiros terá que dicir ben alto e claro por que é. A saber, primeiro por non cumplir as leis e ser vostede un mal cidadán e pior empresario ao encetar unhas obras de tamaña envergadura sen ter os permisos regulamentarios, como calqueira cidadán. Ou, é que vostede ten algún tipo de bula para non cumprir as leis que son de obrigado cumprimento para os demais?
Segundo, si tivera tódolos permisos en regla, igual se decataba de que aí había dous xacementos catalogados que teñen unha protección e para o que hai que cumprir certas normas cando se pretende facer remoción de terras; entón cumprindo coa lei e facendo un seguimento arqueolóxico, evitaría a desfeita que fixo e os atrancos que agora vai a ter.
Terceiro, si as súas palabras son certas, terá que demostrar que efectivamente os traballadores que están a traballar nesa obra cumpren todos os requisitos legais. Se son de Burgueira ou de outro sitio e moi facil demostralo. O que si é certo e que o día de venres santo traballaron todo o día obreiros portugueses colocando postes - igual viven todos en Burgueira e teñen u nha carriña con matrícula portuguesa-
Cuarto, o que teña investido vostede na plantación é unha opción persoal súa que, supoño, fará para gañar cartos - nada temos que opór a iso- outra cousa é si vostede non sabe facer as cousas ben e legais e, polo tanto, os seus investimentos non lle rentúan o que esperaba. Todo o que vostede ten investido non paga a desfeita que fixo. Non se esqueza que o patrimonio non se pode tasar en diñeiro, pois o seu valor é incalculable dada a súa orixe e a imposiblidade de recuperalo. O patrimonio non é mercancía coa que se xoga ou comercia, as plantas de kiwi , con tódolos respectos, podense reproducir ou mercar de novo, sexa cal sexa o seu custe, o que vostede destruíu non.
E para rematar, reiteramos, é vostede un mal empresario ou unha mala persoa. Non intente botarlle a culpa aos demais das consecuencias dos seus erros ou dos seus atrevementos. Iste país necesita empresarios, traballadores e investidores capaces, honrados e que saiban construír o futuro sen destruír ou deteriorar o medio ambiente e o patrimonio, por que iste cando se perde, non se recupera, e de nada valen os laios e as multas ou condeas, que ninguén desexamos, pois iso e sinal de que algo fixemos mal. A nós gustaríanos que vostede ganase moitos cartos, dise moito traballo e plusvalías para os veciños de Burgueira e de todo o país; que soubese facer unha explotación modelo, rendible e imitable para xerar recursos para as zonas máis deprimidas, conxugando o desenrolo empresarial co medio ambiente e o patrimonoio. Hai quen o sabe facer e sabe tirar recursos engadidos á situación das explotacións, conxugando turismo, cultura, medio ambiente e agricultura punteira. Vostede polo que se ve non. Mais, o tempo pon a cada un no seu sitio. Nós esperamos que vostede sexa capaz de decatarse do seu erro e convirta a súa actuación futura nunha aposta máis fiable para todos. A todos nos conven e a todos beneficia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
E verdade, o mal xa está feito, ¿pero foi o empresario o único culpable?
ResponderEliminar¿Onde estaba a maioría de comuneiros cando se aprobou a cesión, se é que foi aprobada?
De ser aprobada, ¿non votarían pensando máis en enchelo peto que razoando coa cachola?
Por que esa é outra, ¿cánto ía percibila comunidade?
E por último, ¿ningún veciño coñecía a existencia deses restos?
En Marín existe un proxecto para instalar un polígono industrial nunha zona de forte pendente e que conta cunha interesante riqueza patrimonial. No blogue Defende o Monte Pituco demos conta desta lamentable desfeita en Oia e solidarizámonos con esta causa. Pertencemos a un colectivo que aposta pola creación, como alternativa, do chamado Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
ResponderEliminarhttp://www.espazosetecaminhos.tk e http://montepituco.wordpress.com
Dende hoxe tedes sitio nas nosas ligazóns. Seguirémosvos a pista.
Un saúdo.