luns, 13 de marzo de 2017

MAPACHES NA GROBA



Pegadas atopadas na Serra da Groba, na fonte Pernal. Marzo 2015


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/03/12/mapaches-pronto-alcanzaran-alrededores-vigo/0003_201703V12C6994.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2017/02/09/xunta-lanza-caza-mapache/1620058.html


Nestes últimos días teñen aparecido na prensa novas relacionadas con un animal coñecido por aparecer en moitas das abundantes películas americanas que vemos na television e no cine.
É un animal que visto dende lonxe parece simpatico e incluso gracioso, pois case sempre se ve en escenas nas que aparece facendo unha trasnada, metendose onde non debe. Como digo, dende lonxe e visto na pantalla. Outra cousa debe ser velo nos nosos montes,  moi lonxe do seu habitat natural e fomando parte dese grupo de animais invasores que están a estragar o noso medio natural.
Estamonos a referir o mapache, un animal que ven de America do norte e que dende a provincia de Lugo, onde hai uns anos que escaparon un exemplares, se está adaptando ao noso monte, e seguindo polas beiras dos ríos, vai inzando a nosa terra, sen depredadores nin nadie que lle poña freo a súa expansión.
O simpatico mapache é de costumes nouturnos, e non é doado velo, mais si se poden ver as súas pegadas. Os que temos a teima de andar polo monte a ver bichos e analizar o medio, para ir testando a saúde da nosa terra, as veces atopamos pegadas que non somos quen de identificar de primeiras. Non é de estranar pois un non se imaxina atopar a pegada dun mapache na Sera da Groba, a carón da Fonte pernal. O raposo. a donicela, a algalia, a lebre, o visón americano que xa é como de noso, pola súa abundancia na nosa contorna, a lontra, o tourón..... calqueira anima destes podía ser o que deixase a súa pegada na lama na Pernal, hai agora dous anos.
Estas dúas fotos foron tomadas en marzo de 2015, e non conseguín identificalas. Agora que vexo estas novas na prensa, volvín a remoer na memoria e acordei que poideran ser dun deses mapaches que xa chegaran á Groba. Quen sabe. Dende logo son ben parecidas as que se poden ver na rede, e nas que fun a investigar para tentar resolver o misterio.
Igual temos xa un novo invasor na serra da Groba. Haberá que seguir atentos e porcurar novas pegadas que confirmen esta sospeita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario